martes, 5 de junio de 2012

Acta asemblea 3-6-12


    0.0Lectura do acta anterior
0.1 Apróbase o acta sen ninguna obxeción.
  1. Apareceron pintadas ó redor do campus e ameazouse ós integrantes do peche Ourense con chamar a policía para intervir.
  2. Comisión de Organización:
2.1 Hai de novo queixas polo barullo feito a noite anterior reiteradamente.
2.2 Suma encargarase de falar co resto dos peches en Galiza para coordinarmos.
2.3 La Región proponse a vir ás asembleas de formación que se levarán a cabo nos próximos días.
2.4 Faise fincapé en ter todo ben recollido pola mañá para non molestaren ós estudantes universitarios.
3.0 Comisión de Comunicación
3.1 Faise constar que debemos darlle moita difusión a manifestación do próximo martes 12 de xuño.
3.2 Queda pendente a creación dun Blog do Peche do cal se fará cargo Martín (Abejorro).
3.3 Jorge M. de la Calle préstase a facer una reportaxe do ocorrido dende o acto de Feijoo que Estudantes sen Futuro boicoteou.
3.4 Poranse en Twitter dous Hagstags que serán: #12-X e #PecheOurense.
3.5 Haberá dúas rodas de prensa; unha o venres 8 no campus e outra o luns 11.
3.6 Faranse e colocaranse estrazas nos principais institutos de actuación xeral.
3.7 Deixarase no taboleiro do Edificio de Ferro unha folla para que cada un escriba o lema ou consigna que se lle ocorra.
4.0 Comisión de Redacción:
4.1 Queda pendente redactar a chamada e os panfletos para a manifestación do día 12, a cal sairá da Av. Castelao ás 8 da tarde.
5.0 Comisión de Formación:
5.1 Comentouse de novo o tema das charlas que serán levadas a cabo a fin de semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario